🎪PETER PUNK – A Chungatrona

SINOPSE

Neste espectáculo, Peter Punk crea un conxunto de rutinas, que confirma a súa inteción de convertirse nunha referencia do novo circo galego como pallaso. 

Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escéa coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo. A destreza dun voluntario con tres aros e un vaciador de ideas. 

E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.

PREMIO DO PÚBLICO FESTICLOWN 2013 (Rivas Vaciamadrid)

 

FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco : ISAAC RODRÍGUEZ MIRANDA “PETER PUNK”
  • Nome do espectáculo : A CHUNGATRONA
  • Modalidade artística : Circo, malabares, humor, clown
  • Público ao que vai dirixido : Público infantil e familiar
  • Idioma : Galego
  • Duración do espectáculo : 60 min
  • Ubicación : espazo exterior e interior

Axenda

Biografía

Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.

Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.

A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003, creando o seu primeiro espectáculo e traballando con diversas distribuidoras. Formáse como clown e artista circense con mestres como Leo Bassi, Jango Edwards, Johny Melville, Antón Valén, Chaco Vachi, Darío Levin, Patch Adams, Walter Velázquez…

Co tempo vai perfilando o seu humor fresco, irreverente e orixinal.

Traballou en diversos festivais nacionais e internacionais, en paises como Portugal, Italia, Polonia, Arxentina, Cuba, Brasil, Colombia e Palestina.

Por toda Galicia e o estado: Canarias, Madrid, Catalunya, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Ibiza, Cádiz, Granada, Castilla y León, Valencia…

Hoxe conta con cinco espectáculos en distribución.

Video

Outros espectáculos de Peter Punk

Chungo que te cagas

O “Máis difícil aínda!” do circo clásico.

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical.

Unha aloucada entrada en escéa coa Testarrosa, a máxica desaparición dun globo no seu bandullo e como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!!

Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación, entre eles, consigo mesmos e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado.