Brais das Hortas / Contos para cagar patatillas

SINOPSE

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.

Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta… Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.

FICHA ARTÍSTICA

  • Elenco : BRAIS DAS HORTAS
  • Nome do espectáculo : CONTOS PARA CAGHAR PATATILLAS
  • Modalidade artística : Narración oral, música en directo
  • Público ao que vai dirixido : Infantil e familiar
  • Idioma : Galego
  • Duración do espectáculo : 60 min
  • Ubicación : Interior e exterior

 

Axenda

Biografía

Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mistura diversos xéneros coma os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.

Como narrador ten espectáculos individuais pero tamén forma parte da Tropa de Trapo.

Como músico actualmente forma parte de Blues do País, Sacha na Horta e o Concerto PunkInfantil, aínda que pasou tamén por bandas coma Sons Miúdos, Mamá Cabra, Banda Fura Fura… e colaborou con Ataque Escampe, Sofía Espiñeira, Mark Wiersma…

Ademais fai obradoiros e compón bandas sonoras para outros espectáculos.

Outros espectáculos de Brais das Hortas

Contos de defuntos...

Contos de mortos que non están tan mortos.

Concerto Punk

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario.

Zona en Obras

Atención! Esta contada está en obras.

 

O avó que saiu da maleta

Cores, contos, música,… e unha historia de amor entre dous homes.